CRTVG

Buscar

Este sábado comezan as oposicións de Educación en Galicia

Publicado o 19/06/2019 09:36

O sábado comezan as oposicións de Educación en Galicia, coa maior oferta de prazas dos últimos dez anos. 19.000 inscritos competirán por algunha das 2.064 prazas, a maior parte, preto de 800, para secundaria. No total, supón unha media de dez aspirantes por vacante. O sábado terán a presentación e farán a primeira proba, que o ano pasado só superaron o dez por cento dos matriculados.

A Consellería de Educación calcula que, con este proceso, a taxa de interinidade en Galicia quedará nun 7%, por baixo da media estatal.

Noticias web

19/06/2019