CRTVG

Buscar

Estas son as alternativas ao hidroxel menos agresivas para as peles máis sensibles

Publicado o 23/10/2020 15:56

O uso continuado de xeles hidroalcólicos pode provocar danos nas peles máis sensibles, e hai unha carreira en marcha para buscar alternativas igualmente eficaces en canto á desinfección, pero menos agresivas. Falamos das recomendacións que dan os expertos para protexer mellor a pel.

A alternativa de momento é o lavado con auga e xabón, pero se teñen a pel sensible tamén hai que ter precaucións. Unha das alternativas que vai en cabeza faise con auga e sal, nun proceso de electrólise para o que xa hai equipos domésticos coma este.

O ácido hipocloroso xa era un desinfectante moi utilizado, e agora a Unión Europea propón o seu uso tamén para pel e cabelo. Ben producido in situ coma aquí, ben tratado e envasado para a súa venda, moitos ven neste produto a hixiene de mans do futuro.

 

 

Noticias web

23/10/2020