CRTVG

Buscar

Terceira morta por coronavirus en Italia, que prohibe actos públicos nas rexións afectadas

Publicado o 23/02/2020 18:32

Italia é xa o país europeo con máis casos de coronavirus. Xa contabilizan máis dun cento de contaxiados e esta tarde confirmaron a terceira persoa morta, unha muller en Cremona, na rexión de Lombardía, que estaba inernada en estado grave no departamento de oncoloxía e que se contaxiou co COVID-19.

E o Goberno tivo que tomar medidas extraordinarias, como pechar algunhas escolas. Italia vive unha situación de emerxencia. As autoridades estableceron un cordón sanitario nas cidades afectadas e prohibe a saída dos seus habitantes. Os italianos ven como unha pandemia que consideraban alonxada está agora entre eles.

Mobilizáronse as forzas da orde e o exércitopara intentar illar o epicentro do coronavirus. A cifra de contaxiados supera o centenar e o último balance fala xa de 112 persoas. Suspenderonse eventos deportivos, relixiosos e culturais. Cidades como Milán pecharás as escolas públicas unha semana. Moitas vilas e cidades do norte do país están desertas e paralizadas por este decreto de mobilidade aprobado polo goberno Italiano. As autoridades sanitarias centran os seus esforzos en buscar a orixe da cadea de contaxios; todo apunta que o suposto doente cero non tivo o virus.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/02/2020