CRTVG

Buscar

Esta fin de semana reabre a estación de montaña de Manzaneda

Publicado o 15/01/2021 21:27

Manzaneda inaugura mañá a temporada de inverno con quince dos seus dezaseis quilómetros esquiables, practicamente o cen por cento das súas pistas, con todos os remontes abertos e boas condicións meteorolóxicas para a fin de semana.

Ademais das pistas e os remontes, estará dispoñible tamén o alugueiro de esquís, a restauración correrá a cargo de food trucks xa que a cafetería permanece aínda pechada por seguridade.

A estación abrirá as súas portas ás dez da mañá e ata as cinco e media da tarde. Porán á venda un total de mil pases válidos por 24 horas. Limitan o aforo da estación para poder manter as medidas de seguridade.

Polo de agora a estación abrirá tan só esta fin de semana e a vindeira de venres a domingo, coas mesmas limitacións de aforo, e con pases dun só día sen o cal non se pode acceder ás pistas nin o telecadeira. A reapertura da estación supón unha alegría para os amantes do esquí, pero tamén para os veciños da zona, polo pulo económico que supón.

Ante a difícil situación sanitaria, dende a estación piden a colaboración de todos os visitantes para garantir que se cumpran todas as medidas de seguridade.

Noticias web

15/01/2021