CRTVG

Buscar

Especialistas das UCI galegas relatan as súas vivencias durante a pandemia

Publicado o 31/05/2020 21:21

Na batalla contra o coronavirus houbo milleiros de profesionais sanitarios que estiveron nos últimos meses na primeira liña. Ana López é intensivista no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. E o seu relato pode poñerlles voz aos milleiros de profesionais que traballan na sanidade galega. Houbo moitas cousas que a impactaron nas últimas semanas, casos concretos, e tamén sensacións xerais, como o medo ao descoñecido.

Leva máis de dúas décadas como intensivista. E nesta crise do coronavirus loitou por salvar a vida de cada ingresado. Asegura que foi moi difícil por moitos motivos: pola soidade dos enfermos, polo descoñecemento da enfermidade e por moitos momentos que lles tocaron vivir aos sanitarios nestas últimas semanas.


 

Noticias web

31/05/2020