CRTVG

Buscar

España supera os 600.000 contaxios e as 30.000 mortes desde o inicio da pandemia

Publicado o 15/09/2020 18:37
España supera os 600.000 contaxios e as 30.000 mortes desde o inicio da pandemia

O Ministerio de Sanidade notificou este martes 9.437 novos casos de coronavirus, 3.022 nas últimas 24 horas, co que a cifra total de contaxiados elévase a 603.167 e a de mortos a 30.004, con 303 novos decesos nos últimos 7 días.

Segundo os datos de Sanidade, Madrid, que segue acumulando un terzo dos novos contaxios nas últimas 24 horas (1.207), informou de 3.595 novos casos; seguida de Navarra, con 302 novas infeccións confirmadas onte, e do País Vasco, con 270.

Actualmente hai 9.752 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 1.273 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 1.229 ingresos e 1.035 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase xa no 8,5 por cento.