CRTVG

Buscar

España suma 1.690 novos casos nas últimas horas, sen os datos de Madrid

Publicado o 12/08/2020 18:38
España suma 1.690 novos casos nas últimas horas, sen os datos de Madrid

Segundo os últimos datos do Ministerio de Sanidade, España rexistra 1.690 novos casos nas últimas horas, tendo en conta que Madrid non puido actualizar os datos "por problemas técnicos". Aragón segue a encabezar a lista, con 306 novos casos. Con isto, o total de contaxiados ascende a 329.784. 

Confírmanse ademais 65 falecidos nos últimos 7 días, mentres que a cifra total ascende a 28.579. No tocante a hospitalizacións, 864 persoas foron ingresadas nos últimos sete días, e 49 están na UCI.