CRTVG

Buscar

España rexistra 591 mortos, a cifra máis alta da terceira vaga

Publicado o 26/01/2021 21:08

Sanidade informou este martes de 591 mortes en 24 horas, cifra récord desde a primeira vaga. Hai 36.435 novos casos de coronavirus e a incidencia acumulada segue á alza e está en 893 casos por cada 100.000 habitantes.

A taxa de ocupación de camas por coronavirus mantense en niveis semellantes aos dos días anteriores, 24,10 %, e nas UCI, 41,275.

A cifra oficial de mortos por coronavirus en España elévase ás 56.799 persoas, segundo as estatísticas do Ministerio de Sanidade.