CRTVG

Buscar

España pecha as fronteiras terrestres

Publicado o 16/03/2020 20:21
Pedro Sánchez comunicóullelo este domingo aos seus homólogos portugués e francés, António Costa e Emmanuel Macron. Este luns, o ministro do Interior informaba por videoconferencia os demais socios comunitarios.

Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior dixo que o Goberno español, "como anunciou nese Consello de Ministros", acordou restablecer os controis de fronteira terrestre española.

A medida entrará en vigor esta madrugada e seguirá vixente durante todo o estado de alarma. Estúdase que o exército axude os distintos corpos policiais a que se cumpra.

Grande-Marlaska, tamén engadiu que só se permitirá a entrada en territorio nacional por vía terrestre aos cidadáns españois, aos residentes en España, aos traballadores transfronteirizos e aos que acrediten documentalmente causas de forza maior ou de necesidade.

As restricións non afectarán o transporte de mercadorías nin os diplomáticos. Grande-Marlaska non desbota estender as restricións a portos e aeroportos segundo evolucione a curva dos contaxios.