CRTVG

Buscar

España ofrécese para celebrar o cumio do clima da ONU que houbo que suspender en Chile

Publicado o 31/10/2019 20:13

España ofrécese para celebrar aquí o cumio do clima das Nacións Unidas que se ía facer en Chile e que houbo que suspender polas protestas multitudinarias das últimas semanas.
O encontro celebrarase ente o 2 e o 13 de decembro, e agárdase que asistan a el unhas 25.000 persoas. Falta aínda o visto e prace da ONU, pero desde o Goberno en funcións xa dan por feito que o cumio se fará en Madrid. porque din que así o pactaron o presidente en funcións Pedro Sánchez e o presidente chileno Sebastián Piñera.

Noticias web

31/10/2019