CRTVG

Buscar

España lidera as caídas do PIB na Unión Europea

Publicado o 31/07/2020 15:32

A economía española foi a que máis caeu da UE no segundo trimestre, seis puntos por riba da media da zona euro, que anotou un retroceso dun 12,2.

Unha cifra histórica tamén, que nunca antes se rexistrara. Estamos falando dunha primeira estimación preliminar publicada hoxe pola Eurostat. Os datos completos difundiranse nas próximas semanas.

Despois de España, que lidera o descenso máis acusado do PIB de Europa, Portugal ten a seguinte maior caída, cun 14%, seguida de Francia, que hoxe mesmo publicaba os datos, cun retroceso dun 13,8.

Dáse a circunstancia de que en España as restricións foron maiores, houbo un confinamento total, e tamén inflúe a natureza da economía, moi dependente do turismo. 

Noticias web

31/07/2020