CRTVG

Buscar

Escrivá impón o seu criterio sobre o de Iglesias: subirá os anos para calcular as pensións

Publicado o 28/01/2021 15:16

O Goberno comunícalle a Bruxelas que subirá os anos de cálculo das pensións, en contra do criterio de Pablo Iglesias.

O documento, o último remitido á Comisión Europea para acceder aos fondos de recuperación, recolle que se pretende ampliar a realidade actual das carreiras profesionais, para calcular a base reguladora da pensión de xubilación. Contempla a posibilidade de elixir os anos e farase de maneira progresiva.

Non recolle a referencia expresa aos 35 anos, que si figuraba no borrador do Ministerio de Seguridade Social, pero impón o criterio de José Luis Escrivá neste asunto, que Unidas Podemos consideraba "unha liña vermella".

Noticias web

28/01/2021