CRTVG

Buscar

'Escrache' a Pablo Iglesias na Complutense

Publicado o 04/03/2020 20:41

Pablo Iglesias iniciaba unha charla na Facultade de Políticas da Complutense. Pero as súas primeiras palabras víanse interrompidas.

Unha vintena de mozos de extrema esquerda increpaban o vicepresidente ao berro de “vendeobreiros”. Iglesias pide que lles dean un micrófono.

Pablo Iglesias, vicepresidente do Goberno, dilles que “querería escoitar os vosos argumentos, non fai falla gritar. A obriga de quen senta aquí é escoitar, e eu quero escoitarvos”

Un dos mozos acúsao de vivir do bote e reclama acabar co capitalismo. Iglesias responde: “creo que dis algunhas das cousas que son certas, pero, sen ningún paternalismo, se me permites un consello, a radicalidade que ten un non está no que se di, senón no que consegue”

Iglesias pregúntalles cantos desafiuzamentos lograron parar. Volven os apupos:“acepto que nos chames traidores, vendidos ao capitalismo, vendeobreiros, estoute escoitando, pero non che viría mal escoitar o que un modesto reformista está dicindo”

Despois de cinco minutos de tirapuxa, os descontentos abandonaban a sala.
 

Noticias web

04/03/2020