CRTVG

Buscar

Escocia presenta a lei para celebrar un segundo referendo de independencia

Publicado o 29/05/2019 20:42

Escocia pon en marcha a maquinaria para celebrar un segundo referendo sobre a independencia do Reino Unido. O Goberno de Nicola Sturgeon presentou no parlamento escocés o proxecto de lei para facer este tipo de consultas extraordinarias. O trámite precisa o acordo do executivo británico, de momento reacio a consensuar o referendo. A ministra principal defende que Escocia debe poder elixir se quere ser unha nación europea independente en vez de ter un brexit imposto que a poboación rexeita.



 

Noticias web

29/05/2019