CRTVG

Buscar

Esclarecen a autoría do incendio en Canibelos

Publicado o 04/08/2020 13:01
Esclarecen a autoría do incendio en Canibelos

Esclarecida a autoría do incendio forestal rexistrado o pasado 18 deste mes no concello de Ourense, moi preto da cidade. Trátase do do lugar dos Canibelos, que queimou 52 hectáreas. O lume estivo preto das casas desta localidade e estendeuse ao núcleo de Sabadelle, no concello do Pereiro de Aguiar.

A Policía Autonómica tomou declaración a un home investigado como suposto autor deste incendio.  Orixinouse debido a unha toma ilegal á rede eléctrica realizada polo investigado cun cabo que discorría entre a maleza e estaba semisoterrado no chan.

O caso está no Xulgado de Instrución de Garda de Ourense. No que levamos de ano, 41 persoas foron detidas ou investigadas como supostas autoras de incendios forestais en Galicia.