CRTVG

Buscar

ERC ratifica o seu apoio aos presupostos do Estado e o Goberno asegura a súa aprobación

Publicado o 25/11/2020 15:33

Se nada se torce, o Goberno xa ten asegurados os votos suficientes para aprobar os Presupostos Xerais do Estado. Esquerra Republicana acaba de ratificar o seu si. A cambio, a Generalitat de Cataluña recibirá máis de 2.300 millóns de euros e a promesa de que se harmonizarán impostos en toda España, algo que dende a comunidade de Madrid consideran un ataque á súa liberdade.

Esquerra Republicana ratificou hoxe o seu apoio aos presupostos. A cambio, os investimentos e transferencias a Cataluña superarán os 2.300 millóns de euros. Ademais, Moncloa levanta o control sobre os gastos da Generalitat, que tamén pasará a xestionar directamente o ingreso mínimo vital e decidirá sobre a repartición dos fondos europeos na comunidade. A maiores, crearase un grupo de traballo para reformar impostos, entre eles, os da comunidade de Madrid...

A presidenta madrileña xa anunciou que recorrerá contra esta medida por todas as vías. Pero o Goberno central di que a harmonización fiscal xa estaba na súa axenda.

Canda Esquerra, tamén votará a favor dos presupostos Bildu. O seu líder cre que é a mellor vía para acadar os seus obxectivos políticos.

O PNV e Compromís tamén confirmaron o seu apoio aos presupostos.

 

Noticias web

25/11/2020