CRTVG

Buscar

ERC pediralle á Eurocámara que avale a Junqueras e impugnará a decisión do Supremo

Publicado o 09/01/2020 18:25

O coordinador nacional de ERC, Pere Aragonès, anunciou que impugnarán a negativa do Tribunal Supremo de excarcerar a Oriol Junqueras para que tome posesión como eurodeputado e pediu ao Parlamento Europeo que avale o líder de ERC como membro da cámara ante o "Brexit xudicial" de España. "Estamos ante unha demostración de autarquía xudicial (...), é un escándalo absoluto", aseverou o vicepresidente catalán, que compareceu arroupado por representantes de ERC en todas as institucións.

O dirixente de ERC avisou de que esgotarán "todas as vías xudiciais" para que Junqueras poida estar en Estrasburgo, despois de que o Supremo acordra deixar en prisión ao exvicepresidente catalán ao considerar que, aínda que adquiriu a condición de eurodeputado o pasado xuño, a súa condena firme a trece anos de prisión polo ' procés' inhabilítao como tal e non está protexido pola inmunidade parlamentaria. Para Aragonès, esta decisión evidencia "máis que nunca" que "hai que abrir unha vía política" para resolver o conflito catalán, pois a solución non virá dos tribunais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2020