CRTVG

Buscar

Equipos de enfermeiras van aos domicilios facer probas PCR

Publicado o 10/08/2020 13:01

O obxectivo das autoridades sanitarias é cortar a cadea de transmisión do virus canto antes. É para iso son fundamentais as probas PCR. Cando a persoa non se pode desprazar, un equipo de enfermeiras vai ao seu domicilio tomar a mostra.

Ao hospital de Ourense achéganse facer a proba persoas que teñen síntomas, contactos de positivos e todos os que van pasar por quirófano, como medida preventiva.

En sete horas, como moito, está o resultado, que xa lles comunica o médico de cabeceira.

E tamén se desprazan á casa do paciente en caso de que a persoa non poida achegarse ao hospital, por exemplo, se os síntomas non llo permiten ou non teñen medio de transporte.

Na última xornada fixéronse más de 1.400 probas PCR en Galicia, segundo os datos do Sergas, e arredor dun 3% están dando positivo.

Noticias web

10/08/2020