CRTVG

Buscar

Enxeñeiros galegos deseñan o primeiro autobús sen condutor de España

Publicado o 17/01/2020 15:07

O primeiro autobús urbano sen condutor de España leva selo galego. O grupo de xeotecnoloxías aplicadas da Universidade de Vigo e a empresa Insitu desenvolveron a parte matemática do proxecto e o equipamento sensórico que ten como misión detectar posibles anomalías durante o traxecto.

Os enxeñeiros que traballan no proxecto salientan o potencial galego no ámbito da condución autónoma e a súa experiencia nestas tecnoloxías. O vehículo será cen por cento eléctrico e a proba piloto terá lugar este mesmo ano e unirá o centro de Málaga co porto.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020