CRTVG

Buscar

Enviado a prisión o último detido da "manada de Sabadell", que se entregou o mércores

Publicado o 09/02/2019 17:21

En Sabadell, o xuíz envía a prisión o último detido que participou, supostamente, na violación múltiple dunha moza de 18 anos o domingo pasado, nunha nave abandonada nesta localidade. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña informou que o xuíz acordou prisión sen fianza por un delito de agresión sexual ao home que se entregaba en comisaría o mércores pasado pola noite. Dos oito detidos por este delito, dous ingresaron no cárcere e seis quedaron en liberdade con medidas cautelares.
 

Noticias web

09/02/2019