CRTVG

Buscar

Entrouche xel hidroalcólico nos ollos? Un lavado con auga abundante pode evitar danos graves

Publicado o 19/10/2020 14:41

Un xesto como o de botar xel nas mans era ata hai ben pouco, só propio do ambiente hospitalario, agora xa está incorporado ás rutinas cotiás de maiores e nenos, que botan xel ao entrar na escola, na aula, no comedor, e así varias veces ao longo do día.

Pero non por habitual deixa de ter certos riscos, como constataron nas urxencias do hospital de Santiago na última semana. Alí atenderon dous nenos con danos graves nos ollos causados por contacto co xel. Ante un accidente deste tipo, hai que actuar de inmediato.

O xefe do Servizo de Pediatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Federico Martinón, explícao: "O máis importante é o lavado inmediato dos ollos con auga abundante, co ollo ben aberto, durante uns 15 minutos".

O número de intoxicacións provocadas polos xeles hidroalcólicos incrementouse, en menos dun ano, nun 900 por cento, segundo o Instituto Nacional de Toxicoloxía. Máis da metade dos casos déronse en menores, e oito de cada dez foron intoxicacións leves por inxestión accidental.

Noticias web

19/10/2020