CRTVG

Buscar

Antonio Fernández-Campa: "O seguimento da folga de Atención Primaria é a metade ca en xullo"

Publicado o 28/11/2019 10:33

Para o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, entrevistado esta mañá no informativo Bos días, o seguimento da primeira xornada desta nova quenda de folga dos profesionais de Atención Primaria "foi practicamente a metade ca no mes de xullo". Ao seu entender, iso significa que "as medidas adoptadas desde o Sergas se están a notar; os profesionais coñecen que se está traballando moito desde o Servizo Galego de Saúde no ámbito de Atención Primaria, e así seguiremos".

Canto aos datos contretos, discrepou do balance ofrecido polos sindicatos: "Moi lonxe do 80% que din os convocantes; nós os datos que temos da xornada de onte é dun 12,7% na xornada de mañá e un 12,1 na quenda de tarde, evidentemente con diferenzas entre as distintas áreas sanitarias. Si que a maior porcentaxe foi en Vigo. Os servizos mínimos cumpríronse ao cen por cento".

Fernández-Campa recalcou que o Sergas está levando a cabo un proceso participativo con todas as organizacións de Atención Primaria.

"Temos elaborado un Plan de atención primaria en que participaron máis de cen profesionais, algúns dos profesionais que están na convocatoria participan ou participaron neses grupos de traballo. E estamos levando adiante ese plan dotado con 102 millóns de euros pola Xunta de Galicia".

Con respecto ao arquivamento do caso da hepatite C, Fernandez-Campa manifestou a satisfacción do Sergas coa resolución xudicial, "porque entendemos que o que confirma é o que estabamos a dicir desde o primeiro momento, que a actuación dos profesionais do Sergas foi correcta en todo momento".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/11/2019