CRTVG

Buscar

Óscar Rodil: "Esta crise vai dar unha lección sobre o papel do Estado e de Europa para que non se caia nunha recesión profunda"

Publicado o 24/03/2020 09:41

Á crise sanitaria provocada polo COVID-19 súmase á crise económica. A parada de actividade polo confinamento ou porque non chegan as pezas ás fábricas multiplican os ERTE e caen en picado os ingresos das empresas.

Óscar Rodil, profesor de Economía Aplicada da USC, un dos grandes expertos galegos no que se coñece como cadeas de valor.

"Estamos ante un crise dura, di o profesor Rodil, pero tamén temos a certeza que vai ter unha duración determinada e, polo tanto, van ser moi importantes as medidas que se adopten e tamén a propia actuación da xente e o factor psicolóxico".

"Non se pode deixar que a economía se asfixie, se esgote. Isto é algo que temos que ter todos moi claro e a nivel político creo que se está entendendo".

"Nesta situación é normal que en determinados ámbitos territoriais intenten achegar medidas máis alá do que di o Goberno central. Persoalmente, penso que hai que analizar claramente o que está acontecendo en cada lugar porque non ten a mesma incidencia en todos os territorios e tamén se debería abordar á hora de tomar as medidas".

"En Galicia, o confinamento está afectando sectores moi importantes; había unha boa evolución do sector turístico, o da automoción, téxtil... que conecta con outros sectores. As perspectivas de futuro, que están facendo os expertos, apuntan a que Galicia non sería a comunidade en que habería un impacto maior".

Sobre a prosta de Luis de Guindos proñoñendo unha renda básica, Óscar Rodil asegura que "unha das grandes leccións que nos vai dar esta crise estase vendo xa nas respostas que se están dando ámbito político. Xente que non pensaríamos que non ían ter unha postura agora están mostrando agora propoñen medidas máis de corte intervencionista e creo que iso é algo moi positivo. Agora estase vendo a importancia do papel do Estado cando hai problemas, pero tamén hai que ter en conta que iso hai que preparalo antes. O Estado debe estar presente e acompañando o funcionamento da economía. A idea da renda de emerxencia é unha idea magnífica e enlaza co que xa dixen: ese balón de osíxeno que é necesario manter para que a economía non entre nunha recesión profunda".

"Europa debería ter unha resposta coordinada, debería ter unha visión máis de conxunto, como xa está demostrando. Os gobernos que na crise do 2008 eran máis reacios á flexibilidade no gasto público, como Alemania, estánse abrindo a afrontar a crise de maneira diferente. Estamos ante unha crise diferente e a resposta debe ser diferente e con repostas contundentes para que a economía europea non caia nunha recesión profunda".

"Outra lección que temos que sacar desta crise é que as cadeas globais de valor, como son as deslocalizacións, poden ser perigosas nas crises porque cortan as subministracións. Hai que repensalas, buscar cadeas curtas, de proximidade, que pruducións estratéxicas teñan lugar nos entornos máis próximos. Isto é algo que repensar o conxunto dos axentes; estas cadeas próximas son máis importantes para o desenvolvemento da nosa economía e para o desenvolvemento sostible".

 

 

Noticias web

24/03/2020