CRTVG

Buscar

Néstor Rego: "Espero que o PSOE cumpra o acordo ao que chegamos e imos estar moi atentos"

Publicado o 07/01/2020 10:59

O representante do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, asegurou no Bos días, que "nós chegamos a un acordo co PSOE para desbloquear a axenda galega, e ese é un gran motivo para votar si, mais tamén por defensa da democracia".

Para o deputado nacionalista, a chave para que se poida completar a lexislatura estará en que o Goberno poida aplicar "medidas realmente transformadoras que avancen en dereitos, democracia e benestar".

Asegurou Rego que estarán vixiantes para que o Goberno cumpra cos acordos que asinou co BNG e o primeiro indicio estará nos próximos orzamentos.

 

 

Noticias web

07/01/2020