CRTVG

Buscar

Loreto Bello: "A subtracción parental de menores é máis habitual do que pensamos"

Publicado o 16/01/2020 10:30

Loreto Bello, avogada da asociación Nenos sen Dereitos (NISDE), considera que a subtracción parental de menores en España é "máis habital do que pensamos". Segundo as estatísticas do Ministerio de Exterioes, desde o ano 2011 desapareceron en España 2.741 menores, dos que só se conseguiu recuperar un 12 %.

Bello, experta en dereito de familia, asegura que "estes datos xustifican un maior esforzo da administración".

Cre que a diferenza entre os casos depende fundamentalmente de se os nenos están en países asinantes do convenio da Haia ou non. A este convenio, asinado en 1980, incorporáronse en total de 98 países. Fóra desta comunidade de países, a recuperación de menores "é moi dificil e debe preitearse nos tribunais locais sen ningun tipo de apoio", asegura.

Loreto Bello cre "necesario tomar unha serie de medidas preventivas para evitar este tipo de casos, como solicitar no xulgado unhas medidas paterno filiais".

Bello explica que a asociación NISDE nace "para cubrir un baleiro deixado pola falta de avogados especializados neste tipo de casuísticas e pola necesidade de actuar rapidamente e dun xeito eficaz". Froito do traballo da asociación e do protocolo de boas prácticas, recuperáronse desde agosto 3 menores, dous de Polonia e outro dos EUA

Noticias web

16/01/2020