CRTVG

Buscar

José Luis Labandeira: "Que catro pacientes na China curaran tras un tratamento con células nai significa moi pouco aínda"

Publicado o 06/03/2020 11:10

A clave agora está en atallar este virus. Buscamos respostas na facultade de Medicina da Universidade de Santiago. Hoxe xornadas sobre células nai. Está aí a resposta que buscan os científicos? 

Xosé Luis Labandeira, coordinador do Grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular do Párkinson na USC, explica que "que catro pacientes na China curaran por recibir un tratamento con células nai significa moi pouco aínda, aínda que sexa moi mediático, porque para saber que as células son efectivas neste tipo de casos precísase un número máis alto de pacienes e controis adecuados".

Desde o seu coñecemento dos tratamentos deste tipo explica que "hai que establecer que as células nai son indiferenciadas, que poden converterse en células de distintos tipo de tecidos, pero moitos tratamentos ou ensaios baséanse noutra propiedade que teñen que é a capacidade de producir unha serie de factores antiinflamantorios, de crecemento, protectores, etc..., e ao introducilas durante o tempo en que viven producen eses factores e resultan efectivos nunha serie de procesos moi variados, que poden ser os que se ven agora nestes casos de coronavirus, que, como digo, son só catro e non teñen porque ser significativos, porque igual tamén mellorarían sen elas".

 

Noticias web

06/03/2020