CRTVG

Buscar

Antonio Ecarri, embaixador de Guaidó en España: "Non coincidiron as axendas, as nosas relacións son magníficas"

Publicado o 27/01/2020 12:03

O embaixador designado pola Asemblea Nacional de Venezuela, Antonio Ecarri, fai un balance positivo da xira de Guaidó por Europa. Foi recibido por altas autoridades e o pobo venezolano. En Madrid houbo unha manifestación espontánea de miles de compatriotas.

Están agradecidos coa ministra de Relacións Exteriores, que ratificou a política do Goberno de España de recoñecer a Guaidó e esixir eleccións libres con observación internacional.

A axenda estivo moi apertada, non podían anunciar a saída de Guaidó porque sería reprimido. "Tivemos que facer axenda sobre a marcha e as axendas presidenciais sempre son moi complicadas, con moito tempo de anticipación", engade Ecarri.

O embaixador explica que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tivo problemas serios coas inundacións e estivo fóra de Madrid. "Non coincidiron as axendas, as nosas relacións son magníficas", engade. Tamén comentou que cando estean no goberno, Pedro Sánchez será recibido en Miraflores.

Sobre o tema do encontro entre Ábalos e Delcy Rodríguez, dixo: "É moi confuso, delicado, complicado, non queremos afondar nese tema publicamente porque se trata dun tema polémico dende o punto de vista de España". Tamén dixo que eran decisións que toma o goberno de España, nas que non se poden involucrar.

 

Noticias web

27/01/2020