Entran en vigor as novas restricións para frear o coronavirus en Lugo e en Arteixo
• O barrio da Milagrosa, en Lugo, é onde as medidas son máis extremas
• Arteixo supera as taxas de incidencia do concello da Coruña
• Consulta no DOG todas as novas medidas
Tres falecidos en Galicia por coronavirus nas últimas 24 horas. Unha muller de 85 anos ingresada no CHUAC e un home de 71 que estaba no Hospital de Ourense. Súmanse ao falecemento na tarde deste venres dun usuario da residencia do Incio ingresado no hospital de Monforte. As cifras de casos activos roldan este sábado o 3.300 casos, 155 máis ca onte. Son máis de 300 positivos novos.
Esta medianoite entraban en vigor as novas restricións para frear o coronavirus en Lugo e en Arteixo. Unha medida coa que se tenta frear o importante ascenso de contaxios nos últimos días en ambos os dous concellos.
A suba de casos activos dáse este sábado en todas as áreas sanitarias, na que máis na de Lugo. Alí hai 57 novos casos, o que fai que a cifra total de casos activos supera os 600. Precisamente por iso, desde esta medianoite hai novas medidas restritivas en todo o concello de Lugo. E o son especialmente no barrio da Milagrosa.