CRTVG

Buscar

Entran en servizo seis novos parques eólicos na provincia de Lugo

Publicado o 18/12/2019 15:08
Entran en servizo seis novos parques eólicos na provincia de Lugo

Entran en servizo seis novos parques eólicos na provincia de Lugo. Subministrarán enerxía eléctrica para abastecer uns 90.000 fogares. Estas instalacións forman parte do paquete de 18 parques eólicos que entran en funcionamento este ano en Galicia.

Pertencen á empresa luguesa de enerxías renovables Norvento. E súmanse a outros tres que xa estaban en funcionamento e que en total xeran 242 megawatts de enerxía. O investimento que se fixo nas instalacións é de 150 millóns de euros.


 

Noticias web

18/12/2019