CRTVG

Buscar

Entra en vigor na Arxentina a quinta prórroga do estado de alarma

Publicado o 26/05/2020 21:40

A Arxentina cumprirá 80 días de confinamento. O aumento considerable dos infectados levou o Goberno a prorrogar a corentena ata o 7 de xuño. Así, Bos Aires amenceu con once das súas estacións ferroviarias pechadas, e outras, como a do Retiro, con moitos máis controis de pasaxeiros.

Tamén se restrinxiron os accesos á capital e miles de negocios situados en zonas superpoboadas volveron cerrar.

A popular librería do Ateneo é un dos comercios que pecharon de novo en Bos Aires, unha cidade onde o número de casos de coronavirus se multiplicou por cinco en só quince días.

Noticias web

26/05/2020