CRTVG

Buscar

O PSOE volvería gañar e o PP recuperaría votos, segundo unha enquisa de 'El Mundo'

Publicado o 22/06/2020 08:32

Coa entrada na normalidade e a convocatoria de eleccións en Galicia e no País Vasco intensifícanse as publicacións de enquisas. Este luns coñécese a de Sigma Dos para El Mundo. 

Segundo esta sondaxe, o PSOE volvería gañar nunhas eleccións xerais cunhas décimas máis ca a porcentaxe que acadou en novembro, 28,7 %. Achégaselle o Partido Popular, que medraría ata o 26 %.

Todo o que sobe o PP báixao Vox, que pasaría a ser a cuarta forza, agora é a terceira no Congreso. Unidas Podemos loita por manterse e situarse no 12 % dos votos. E, por último, Ciudadanos, de Inés Arrimadas, recupera alento e mellora un tres por cento con respecto á última enquisa de Sigma Dos.

 

Noticias web

22/06/2020

Máis sobre actualidade