O PP reforzaría a maioría absoluta en Galicia, segundo unha enquisa do ABC
Publicado o 01/06/2020 15:06
O PPdeG reforzaría a súa maioría absoluta en Galicia nas vindeiras eleccións autonómicas do 12 de xullo, segundo os resultados dunha enquisa do diario ABC. A sondaxe outórgalle entre 42 e 43 escanos (na actualidade ten 41) e un punto máis porcentual en votos.
O PSdeG obtería entre 16 e 19 escanos (ten 14 na actualidade) e melloraría os seus resultados nun 3,7 por cento. O BNG sería a forza polítia que máis subiría, ao pasar dos 6 deputados actuais a entre 11 e 13 e mellorar máis de sete puntos porcentuais os seus resultados, mentres que a coalición Galicia en Común-Anova-Mareas obtería entre 2 e 4 escanos.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 21:37