CRTVG

Buscar

Emma Suárez recolle o Premio Cineuropa

Publicado o 28/11/2019 21:42

Con esta xa van 33 edicións de Cineuropa. Foi a máis feminina da historia do festival, reflectindo a mirada da muller e o seu papel no cinema.

Unha das actrices galardoadas é a actriz Emma Suárez, que recolleu o premio no Teatro Principal. A súa é unha traxectoria dilatada, que comeza con tan só 14 anos. Dende entón non para de colleitar éxitos.

Xustamente, unha das películas de Emma Suárez, Vacas, proxectouse para pechar a edición de Cineuropa. Pero houbo moitas cousas máis: concertos, proxeccións doutros filmes gañadores... Así, Cineuropa despídese ata o ano que vén.

Noticias web

28/11/2019