CRTVG

Buscar

Enfrontamentos en Barcelona entre independentistas e simpatizantes de Vox

Publicado o 30/03/2019 16:34

Polo menos cinco detidos nos enfrontamentos entre independentistas e simpatizantes de Vox en Barcelona. Os CDR e outros grupos independentistas como Arran convocaran para hoxe unha manifestación para protestar por un acto de Vox na cidade. Os enfrontamentos chegaron cando coincidiron os independentistas cos simpatizantes de Vox. Queimáronse colectores e lanzáronse obxectos entre eles. Ademáis dos cinco detidos, outras cinco persoas tiveron que ser atentidas polos sanitarios.

 

Noticias web

30/03/2019