CRTVG

Buscar

Endesa trasládalle ao comité de empresa que o uso de biocombustibles "non é viable economicamente"

Publicado o 29/11/2019 18:54
Endesa trasládalle ao comité de empresa que o uso de biocombustibles "non é viable economicamente"
O presidente do comité de empresa da central térmica de Endesa nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña), Luís Varela (UXT), sinalou que os directivos da compañía trasladáronlles que o uso de biocombustibles nesta central "non é viable economicamente, aínda que si tecnicamente". Así o fixeron nunha reunión que mantiveron a parte social e empresarial este venres, referida á un informe que realizou a propia compañía e do que "xa deu traslado tanto á Xunta como ao Concello das Pontes".
"Os números non lles dan, aínda que tecnicamente se que é viable", apuntou o representante sindical, quen engadiu que a empresa cre que, "economicamente, esta alternativa non ten o percorrido que debería de ter, xa que esta é unha industria creada para queimar carbón". No apartado técnico, trasladaron que coa modificación dalgúns parámetros "todo se pode corrixir". "Estimamos que se cadra á empresa esta opción non lles reporta o beneficio que queren, pero entendemos que socialmente, alguén, as administracións públicas, terán que valorar un plan social destes novos biocombustibles que temos no mercado e que as novas directivas europeas non os deixará utilizar como abonos, e que para nós sería un combustible ideal", en alusión aos lodos de depuradoras que foron empregados, entre outros, nos devanditos ensaios, ademais de orujillo de oliva, un produto obtido tras a produción do aceite, e biomasa de madeira.