Ence investirá na fábrica de Asturias os 300 millóns que tiña destinados para Lourizán
Publicado o 09/04/2019 21:04
ENCE traslada a Asturias o investimento que tiña previsto facer na factoría de Lourizán, en Pontevedra. A celulosa galega perderá os 300 millóns de euros que a dirección da empresa tiña previsto investir nela nos próximos catro anos, e que agora se destinarán á factoría asturiana de Navia.
A dirección de ENCE confirma así o que xa viña anunciando nos últimos días: que non pensa facer investimentos en Galicia ata que se despexe o futuro da planta de Lourizán, que está no aire tras a decisión do Goberno central de retirar o seu apoio á prórroga da concesión na ría de Pontevedra.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 13:50