CRTVG

Buscar

En Xinzo, Verín e Laza xa case non quedan prazas de aloxamento para o Entroido

Publicado o 21/01/2019 16:50

Falta máis dun mes e medio para o Entroido e xa case non hai cuartos libres nos establecementos hoteleiros de Xinzo, Verín, Laza e Viana do Bolo. A maioría de hoteis xa ten o sábado completo e para o resto dos días grandes, quedan xa moi poucas prazas. Ademais, os restaurantes teñen xa as reservas cheas para a noite das féminas e os previos de Entroido en Xinzo, e cheos estarán tamén na noite de Comadres en Verín. O éxito do Entroido ourensán atrae cada ano ano milleiros de visitantes

As prazas hoteleiras comezan a encherse para os días grandes do Entroido nas vilas do triángulo máxico ourensán, Xinzo Laza e Verín. Pero tamén noutras localidades da provincia como Viana do Bolo ou Manzaneda escasean as habitacións. Falta un pouco máis de mes e medio para o Entroido pero en Xinzo por exemplo comezan xa o vindeiro 9 de febreiro co Petardazo e o Domingo Fareleiro.


E non só os hoteis van colgar o cartel de completo, os restaurantes tamén comezan a enchar as reservas para a noites féminas en Xinzo e sobre todo o Xoves de Comadres o día grande das mulleres en Verín. O Entroido supón un importante pulo económico.
A sona do Entroido ourensán vai a máis e cada ano chegan milleiros de visitantes ás diferentes vilas da provincia para gozar e coñecer a festa máis enxebre e divertida do ano.

Noticias web

21/01/2019