CRTVG

Buscar

En Vigo será posible aparcar catro horas en zona azul

Publicado o 20/11/2019 13:53

O tempo máximo para aparcar na zona azul de Vigo ampliarase de dúas a catro horas. O Concello prepara un cambio na ordenanza municipal que regula este estacionamento para que entre en vigor o antes posible. A decisión provoca opinións diversas entre os cidadáns. Moitos aplauden a medida, outros advirten das consecencias dunha menor rotación de vehículos.

Aparcar en Vigo na denominada zona azul de estacionamento regulado é posible por un máximo de dúas horas. Pasado este tempo, os condutores están obrigados a cambiar de lugar os seus vehículos. Porén, en canto o Concello modifique a ordenanza que regula este tipo de aparcadoiros, a situación vai cambiar e será posible aparcar por espazo de ata catro horas.

O cambio previsto na duración do estacionamento foi ben recibida por boa parte da cidadanía. Porén, hai quen cuestiona a súa efectividade. Din que a rotación de vehículos será moito menor e que a medida ten a súa cara pero tamén a súa cruz.

Dende o Concello din que a ampliación horaria responde á gran demanda existente por parte da cidadanía, que prima con respecto ás consecuencias dunha menor rotación.

Noticias web

20/11/2019