CRTVG

Buscar

En San Xoán de Río usan a megafonía para transmitirlles aos veciños mensaxes de ánimo dos que teñen lonxe

Publicado o 26/03/2020 21:02

Achegarse ao supermercado é un dos poucos motivos polos que estes días saen da casa en San Xoán de Río. A principios de semana levaron unha sorpresa maiúscula.

Son mensaxes de audio que lles envían os seus familiares e amigos que están lonxe de Galicia. O concello encárgase de poñelos pola megafonía para que todos poidan escoitalos.

E o certo é que a idea foi todo un éxito.

Tamén fixeron un vídeo pra compartir nas redes sociais as primeiras mensaxes. Unha aperta polas ondas que chega cada día mesmo ás aldeas máis próximas ao concello.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020