CRTVG

Buscar

PSA extrema as medidas de prevención para unha volta ao traballo que aínda non ten data

Publicado o 16/04/2020 15:38

Sen traballadores e sen actividade. É a imaxe que ofrece a planta viguesa de PSA desde a paralización da produción o pasado 17 de marzo. Sen que polo momento se coñeza a data para comezar a actividade, a empresa conta cun protocolo de seguridade para a volta dos traballadores.

As medidas contemplan cambios nos horarios para evitar aglomeracíóns nas entradas e saídas, unha baixada na velocidade dai produción e o reparto de material de hixiene, entre outras. Tamén se instalaron cámaras termográficas.

Para o deseño deste protocolo tomaron como referencia a experiencia da fábrica que a multinacional ten en Wuhan e o asesoramento do equipo médico e das autoridades sanitarias. Polo momento, a empresa di que a data de comezo da actividade dependerá das fábricas europeas. O propio director expresou nunha carta aos traballadores que non poden manterse así moito tempo máis e que espera que a volta sexa pronto.

Noticias web

16/04/2020