CRTVG

Buscar

En Ourense aínda quedan comercios que aceptan pesetas

Publicado o 24/08/2020 21:33

O 31 de decembro deste ano o Banco de España pecha a posibilidade de cambiar as últimas pesetas que teñan aínda gardadas por euros. Moitos xa nin se acordarán delas, pero aínda hai xente que as ten e que hai comercios que aínda permiten o pago na antiga moeda. Por exemplo, este de Ourense.

Nesta zapatería de Ourense aceptan desde o 2008 o pago en pesestas. E hai moita xente que aínda conserva billetes de hai máis de 50 anos.

Hai 21 anos que o euro é xa a moeda oficial. E neste anos teñen moitas anécdotas das pesetas que aparecen na casa e que aínda serven para mercar, neste caso, zapatos.

Nesta tenda de Ourense aceptarán as pesetas ata outubro e o Banco de España deixará de cambialas por euros o 31 de decembro, un adeus definitivo á antiga divisa española.

Noticias web

24/08/2020