En Marea busca acordos cooperativos con outras formacións
Publicado o 08/02/2020 22:50
En Marea debateu o documento político co que vai encarar os comicios autonómicos.Coa soberanía como punto de partida e a xustiza social como obxectivo, a formación afronta a vindeira cita electoral, segundo din, con vocación dialogante e cooperativa.
O seu voceiro insiste en que a prioridade é formular unha alternativa progresista ao Goberno de Feijóo antes ou despois dos comicios. Para iso, asegura Luís Villares, xa están a manter conversas con outros grupos políticos.