CRTVG

Buscar

En liberdade sen cargos o sétimo detido pola violación grupal de Palma

Publicado o 09/01/2020 20:42

Continúa aberta a investigación da violación grupal a unha menor en Palma, e non se descarta que haxa máis arrestos. De momento, hai sete detidos, todos menores, agás un que ten 19 anos , e a quen vemos nestas imaxes no momento de pasar a disposición xudicial. Tras declarar, quedou en liberdade sen cargos. Os outros seis sospeitosos permanecen detidos.

A agresión sexual, confirmada polos exames forenses realizados á vítima, tivo lugar nun piso durante a Noiteboa. Os detidos négano e aseguran que o sexo foi consentido.

 

Noticias web

09/01/2020