CRTVG

Buscar

En liberdade o home que, presuntamente, abusou dunha muller no pavillón de deportes de Lugo

Publicado o 30/04/2020 14:46

O presunto autor dunha agresión sexual en Lugo pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade.
O home fora detido logo de que o denunciara unha muller que, coma el, está a pasar o confinamento no Pavillón Municipal de Deportes xunto con outros indixentes da cidade.

O arrestado ten 64 anos, é de nacionalidade romanesa e, segundo relatou a suposta vítima á Policía Nacional, realizoulle tocamentos nas súas partes íntimas á muller e acosouna de xeito continuado. Foron membros da Cruz Vermella os que deron aviso á policía.

Noticias web

30/04/2020