CRTVG

Buscar

En Galicia hai unhas 70.000 persoas que padecen algún tipo de demencia

Publicado o 19/09/2020 15:43
En Galicia hai unhas 70.000 persoas que padecen algún tipo de demencia

Este sábado celébrase o Día Mundial do Alzhéimer. Na Praza da Quintana, en Compostela, realizouse este mediodía un acto conmemorativo no que participaron entre outros a Conselleira de Política Social, o alcalde de Santiago e o Presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia.
Neste acto, baixo o lema "Tecendo rede, tecendo recordo", lembraron as 70.000 persoas que teñen unha demencia neurodexenerativa na nosa comunidade, das que máis dun 65% é alzhéimer. Desde a AFAGA destacaron que é primordial poñer en marcha todos os programas terapéuticos necesarios para ralentizar a enfermidade e darlles un maior apoio ás familias, agora aínda máis, din, coa pandemia.
 

Noticias web

19/09/2020