CRTVG

Buscar

En estado moi grave un mozo acoitelado no barrio madrileño de Usera

Publicado o 23/08/2020 10:19

Un mozo de 26 anos ingresou en estado moi grave no hospital 12 de Octubre de Madrid como consecuencia das feridas causadas por unha arma branca no tórax á altura do corazón.

Emerxencias Madrid informou de que os feitos sucederon esta noite no barrio madrileño de Usera na rúa Marina, ata onde se desprazaron a Policía Local e sanitarios do SAMUR-Protección Civíl. O home presentaba unha ferida por arma branca penetrante no tórax á altura do corazón. Os sanitarios tiveron que practicarlle unha arriscada manobra de reanimación, unha toracotomía, porque estaba en parada cardiorrespiratoria, e masaxe cardíaco directamente coas máns.

Unha vez que o agredido recuperou o pulso trasladárono ao hospital 12 de Octubre, onde permanece en estado moi grave. A policía investiga o que sucedeu.


 

Noticias web

23/08/2020