CRTVG

Buscar

En Culleredo lévanlles en moto as tarefas aos rapaces

Publicado o 02/04/2020 14:27

En Culleredo, os rapaces teñen cada vez menos escusas para folgar. É o propio Concello o que lles remite os materiais escolares á casa dos que os soliciten de acordo cos respectivos centros educativos.

Do transporte ocúpase un peculiar correo, o que efectúan os voluntarios do club de amigos da Harley Davidson, Coruña Chapter, que permite chegar ás zonas máis rurais e menos dotadas de servizos.

En apenas vinte e catro horas, a iniciativa xa colleu moito voo.

O sistema serve tamén para levar comida, compras ou cubrir outras necesidades que poidan xurdir.

Noticias web

02/04/2020