En Común-Unidas Podemos queren ser imprescindibles no Goberno
Publicado o 01/11/2019 21:28
Acto de En Común-Unidas Podemos en Ourense. Arroupados por militantes e simpatizantes pediron o voto para conseguir, din, ser imprescindibles e que deste xeito o PSOE non teña mais opción que gobernar con Unidas Podemos. O candidato por Ourense apelou á mobilización para poder conseguir representación en Ourense.
Pablo Iglesias, en Palma de Mallorca, di que non se fía de Pedro Sánchez despois de prometer que non pactará co PP. E dille ao líder socialista que o voto a Unidas Podemos é un "mandato sagrado" para formar parte do Goberno.