CRTVG

Buscar

En Común-Unidas Podemos maniféstase en contra da tauromaquia

Publicado o 19/04/2019 21:13

O candidato de En Común-Unidas Podemos pola Coruña estivo no Coliseum e gabou as medidas adoptadas na cidade contra as corridas de touros. Antón Gómez-Reino apostou por eliminar estes espectáculos en Galicia e facer un referendo no resto de España.

"Contra o maltrato animal", ese foi o lema empregado por Unidas Podemos nun acto celebrado este mediodía en Madrid. Pablo Iglesias avogou por endurecer as penas polos danos causados aos animais. Tamén criticou as corridas de touros.

Noticias web

19/04/2019