CRTVG

Buscar

En Común pide cambios para defender os dereitos dos inmigrantes

Publicado o 24/04/2019 18:06

En Común-Unidas Podemos propón reformas na Lei de inmigración. Din que en España se vulneran dereitos fundamentais e lamentan que o anterior goberno incumprise compromisos nesta materia.

En Común-Unidas Podemos afirma que en España se vulneran os dereitos humanos. Nun encontro con membros do Foro da Inmigración e outros colectivos, avogaron por cambios normativos para mellorar a situación dos migrantes.

Cren necesaria a súa presenza en Madrid para que o PSOE non volva incumprir compromisos. En Común-Unidas Podemos quixo facer un chamamento ao voto dos indecisos.

Noticias web

24/04/2019